Día
Venres 2 de outubro 2026

Hora
18.00 h

Espazo
Praza da Cruz Vermella

Duración
50 minutos

Público
Todos os públicos

Unha diva que se achega aos 50, un corpo que manifesta o paso do tempo e unha pregunta flotando no aire… Canto tempo máis pode ser trapecista?

A trapecista, actriz e creadora do espectáculo acudirá ao máis alto, desde os aéreos de circo, aos equilibrios máis delicados, á danza, ao ímpeto dunha batería ou á forza do flamenco para falar de cambios, de transformación, de envellecemento… Circo, música, baile, amor e humor.

Sue Moreno leva máis de dúas décadas explorando a fusión das artes escénicas e fai da súa propia experiencia o punto de partida dunha proposta tan íntima como universal que reivindica a madurez.

Nunca é tarde para desafiar a gravidade.

Creación e interpretación: Sue Moreno

Vestiario e escenografía: Sue Moreno

Música orixinal: Manuel Fonte

Dirección: Gonçalo Guerreiro