Día
Sábado 10 de outubro 2026

Hora
23.00 h

Espazo
La Bombonera

Público
Adulto (+14 anos)

As noticias nunca foron tan pouco fiables… nin tan divertidas.

O fenómeno viral que conquistou as redes sociais coas súas falsas noticias cargadas de humor, retranca e sátira dá o salto aos escenarios. Baixo o nome do Famoso Trino, Trino García, referencia do mundo satírico e dixital, recupera os personaxes e as situacións máis coñecidos dos seus vídeos para construír un espectáculo no que os monólogos, os sketches de humor absurdo e a improvisación se mesturan cunha crítica social afiada e unha constante complicidade co público.

Porque ás veces a realidade é tan disparatada que só queda unha maneira de entendela: rir dela.

Íntérprete: Trino García

Guión: Trino García e Juan Luis Navarro

Idea orixinal e música: La Fabrica de la Comedia