Día
Xoves 8 de outubro 2026

Hora
21.00 h

Espazo
Valle Inclán Café

Que teñen en común a infancia dos 90, a tecnoloxía, as tradicións e as pequenas contradicións do día a día? Adrián do Regenco e Pablo Alvite, expoñentes da nova era da retranca galega, dannos a resposta nunha hora de humor na que alternan monólogos, improvisación e interacción co público para demostrar que a mellor maneira de entender a realidade segue sendo rir dela.

Situacións cotiás, relacións persoais, cambios sociais… de todo iso falarán entre gargalladas. Estanse adaptando á vida adulta, ou é a vida adulta a que se adapta a eles?

Intérpretes e creadores: Adrián do Regenco e Pablo Alvite