Día
Domingo 4 de outubro 2026

Hora
20.00 h

Espazo
Pazo da Cultura (Auditorio)

Público
Adulto

Comezaremos pola prehistoria para chegar aos nosos días e investigar como se representaron os órganos sexuais da muller e a relación desta imaxe co seu lugar no mundo. O tema dá para un dramón, pero con humor, retranca e moito enxeño visual, convértese nunha crónica alegre cargada de comedia. Ou quizais nun evento feminista?

Unha chea de movidas históricas, relixión, medicina, a histeria ou o “Panteón de machirulos ilustres” son algunhas das seccións que visitaremos nesta comedia irreverente que transforma séculos de prexuízos, silencios e inxustizas nun espectáculo tan divertido como necesario. É un relato co que rir, chorar e aprender.

A obra nace do fenómeno viral Historias Vaxeniales, gañadora dun Premio Mestre Mateo, que foi creada por unha das cómicas máis versátiles da súa xeración, Raquel Nogueira.

Interpretación e vestiario: Raquel Nogueira

Deseño de Luz: Montse Pinheiro

Deseño de vídeo: Iván Marcos

Asistencia artística: Borja Fernández

Escenografía e dramaturxia: Raquel Nogueira e Iván Marcos

Dirección: Iván Marcos

Premio Luísa Villalta da Deputación da Coruña 2024