Día
Sábado 17 de outubro 2026

Hora
12.00, 13.00, 17.30 e 18.30 h

Espazo
Xardín Rosalía de Castro (Parque do Anllóns)

Capacidade
20 persoas

Duración
15 minutos

Público
Todos os públicos (+12 anos)

Farta da cidade, Claudia múdase ao campo. Sorprendentemente, alí suceden as historias máis dispares. Quizais, unha avoa viúva chea de vida, un neno pillo e curioso, unha diva extravagante vida a menos, un home sinxelo e de bo corazón…

Con comedia e a través do uso de máscaras, teatro físico e xogo, desvelaranse prexuízos e estereotipos do choque entre o rural e o urbano e, sobre todo, do que esperamos dos demais e do que atopamos cando nos permitimos miralos doutro xeito,

La Tercera e unha compañía de creación colectiva nacida en Madrid, que xa ten recibido varios premios polos seus espectáculos.

”E se son os outros os que nos poñen máscaras?

Interpretación: Jorge Albuín, Abril González, Cristina Reche e Yaiza Portela

Creación, dramaturxia e dirección: La Tercera

Acceso gratuíto ata completar aforo. Debido á limitación dos espazos, recoméndase reservar praza escribindo a fiot.microteatroentrada@gmail.com indicando: nome do espectáculo, horario, nome e apelidos da persoa espectadora e teléfono de contacto.