Día
Sábado 10 de outubro 2026

Hora
12.00, 13.00, 17.30 e 18.30 h

Espazo
Pastelaría Zuccaro (Gran Vía, 46)

Capacidade
15 persoas

Duración
15 minutos

Público
Todos os públicos (+8 anos)

Un doutor encarnado nun sacarrollas, unha protagonista que é un queixo de tetilla e a súa nai, un cigarro nunha boquilla. A través do teatro de obxectos, nai e filla deciden vingarse dun doutor gordófobo empeñado en torturar ás súas pacientes. Pero esta será a derradeira!

Creada en 2022, Compañía Humana presenta unha peza que combate con humor os estereotipos de xénero e a discriminación das mulleres na sanidade; un petisco da comedia que estrearán no vindeiro outono.

”A ousadía de rebelarse contra os estereotipos para mirar os corpos desde outra perspectiva.

Creación, dirección e interpretación: Antela

Vestiario e atrezzo: María Gutiérrez Cedrón

Acceso gratuíto ata completar aforo. Debido á limitación dos espazos, recoméndase reservar praza escribindo a fiot.microteatroentrada@gmail.com indicando: nome do espectáculo, horario, nome e apelidos da persoa espectadora e teléfono de contacto.