Día
Sábado 10 de outubro 2026

Hora
12.00, 13.00, 17.30 e 18.30 h

Espazo
Conserxería Pazo da Cultura (Rúa do Pan, s/n, andar 0)

Capacidade
8-12 persoas

Duración
15 minutos

Público
Todos os públicos (+8 anos)

Hai quen vai do traballo á casa e quen xa non distingue entre ambos. Un conserxe recibe candidatos que buscan emprego… e tamén un lugar onde vivir.

wOHrk mergúllase, a través do clown e do humor absurdo, na precariedade actual e nas fronteiras cada vez máis difusas entre a vida e o traballo. Desde o xogo, o ridículo e a complicidade co público, a peza sitúanos nun espazo recoñecible que pouco a pouco se vai deformando ata chegar ao poético.

”Un dilema tan absurdo como real.

Creación e interpretación: Iván Davila

Acceso gratuíto ata completar aforo. Debido á limitación dos espazos, recoméndase reservar praza escribindo a fiot.microteatroentrada@gmail.com indicando: nome do espectáculo, horario, nome e apelidos da persoa espectadora e teléfono de contacto.