Día
Domingo 25 de outubro 2026

Hora
20.00 h

Espazo
Pazo da Cultura

Duración
75 minutos

Público
Adulto (+16 anos)

Entradas
5 €

Pili só quería bailar. Pero hai vidas ás que o sistema parece empeñado en pecharlles todas as portas. A partir da premiada novela de Greta García, convértese nunha traxicomedia sevillana punk. Un monólogo de enorme forza no que humor, palabra e danza se mesturan para dar voz a unha muller que, desde a súa cela, reconstrúe o camiño que a levou ata alí.

Con retranca, rabia e unha fonda humanidade, Solo quería bailar transforma a historia dunha bailarina nun acto kamikaze de amor; nun retrato da precariedade, da burocracia, das estruturas que exclúen e da necesidade de sentirse querida. Unha proposta intensa e irreverente que reivindica o dereito a ocupar un lugar no mundo, mesmo cando todo parece impedilo.

Alberto Velasco, un dos referentes da escena contemporánea,  dirixe esta proposta vibrante interpretada pola poderosa Olalla Hernández, na que a arte e sono frustado pero tamén motor de resistencia.

Como acaba unha bailarina cumprindo trinta anos de cárcere por un acto terrorista?

Interpretación: Olalla Hernández

Coreografía: Alberto Velasco

Vestiario: Noelia Lebrato

Espazo sonoro: Carlos Gorbe

Deseño iluminación: Manuel Tejera y Alberto Velasco

Autoría: Greta García

Dramaturxia e adaptación: Sergio Martínez Vila

Dirección e escenografía: Alberto Velasco