Día
Venres 16 de outubro 2026
Hora
21.00 h
Espazo
Pazo da Cultura
Duración
45 minutos
Público
Adulto (+12 anos)
Entrada
5 €
Día
Venres 16 de outubro 2026
Hora
21.00 h
Espazo
Pazo da Cultura
Duración
45 minutos
Público
Adulto (+12 anos)
Entrada
5 €
Sobre o espectáculo
No silencio opresivo dun soto cheo de pantallas e cámaras ocultas, un home de corenta e tantos anos, cámara fracasado e malabarista líquido, vixila o mundo a través das súas lentes dixitais e analóxicas. Ante o avance imparable das máquinas e o poder dos algoritmos, propón unha reinvención e unha nova mirada.
Mentres as máquinas aprenden a pensar, que nos fai verdadeiramente humanos? Esa é a pregunta desta proposta multidisciplinar na que circo contemporáneo, teatro, teatro de obxectos, microcine e poesía visual conflúen nun universo tan delicado como inquedante.
A compañía PSiRC ten unha sólida traxectoria no circo contemporáneo, premiada e con amplas xiras por Europa e América. Explora unha linguaxe escénica propia baseada no humor delicado, o movemento e a experimentación visual para construír unha experiencia íntima e evocadora.
”A súa voz é un murmurio entre algoritmos, un discurso de boomer perdido na era dos memes.