Día
Domingo 11 de outubro 2026

Hora
20.00 h

Espazo
Pazo da Cultura

Duración
70 minutos

Público
Adulto (+12 anos)

Entrada
5 €

Unha localizadora de cine que se namorou dun val de Lugo e se fixo labrega; unha nena de dez anos ensina na clase como fai a transhumancia na serra de Ávila; unha neorrural pacense desespera cun inspector de agricultura ecolóxica ou unha neta de campesiños que recupera uns bancais. Estas son algunhas das historias que nos achegan á vida de quen produce os alimentos que chegan ás nosas mesas.

Por que cada vez menos xente quere traballar na agricultura e na gandería? Esta pregunta foi a orixe da viaxe de 3.600 quilómetros que realizou a súa creadora Laura Santos para escoitar agricultoras e gandeiras e transformar os seus testemuños nunha fermosa peza de teatro documental que fala da terra, da memoria e do futuro. Un universo poético construído con obxectos, ilustracións e relatos reais que nos convida a reflexionar sobre a necesidade de preservar un mundo rural cada vez máis ameazado.

O espectáculo do proxecto artístico almealera, que emprega o teatro para a transformación social e o estudo dos ámbitos rurais, nace do proxecto científico FARM, do CSIC que investiga as causas da falta de relevo xeracional na agricultura e a súa relación co despoboamento, a masculinización do sector e a sostibilidade. Obtivo o premio Fetén 2026 ao mellor espectáculo.

E ti, que tipo de antepasado queres ser?

Interpretación: Patricia Arroyo, Belén de Santiago e Laura Santos

Vestiario: Sofía Nieto Carmen17

Ilustracións: Marina Speer

Fotos e vídeo: Paula Maceiras

Escenografía: Sofía Nieto Carmen17, Laura Santos e Alfonso Reverón Supermanitas

Ambiente sonoro: Raúl Ruano

Deseño técnico: Patricia Arroyo

Asesoría científica: Petra Benyei e Daniel Iglesias (Proxecto FARM)

Mirada externa: Andrea Díaz-Reboredo e Luis Sorolla

Autoría, dramaturxia e dirección: Laura Santos

Coproducción co CSIC, Fundación ‘La Caixa’, Concello de Madrid