Día
Venres 9 de outubro 2026

Hora
21.00 h

Espazo
Pazo da Cultura (Auditorio)

Duración
60 minutos

Público
Adulto (+12 anos)

Todo comeza nesa familia disfuncional que habita o Olimpo. Veñan descubrir as aventuras, os naufraxios e os malentendidos divinos que converteron a Odiseo no heroe máis canso da mitoloxía grega. Unha historia de astucia, teimosía e resistencia, cun final que ata o propio Tiresias gozaría desvelando. Prepárense para presenciar o noso heroe enfrontándose a monstros e deuses de mal xenio.

Nesta versión artesanal da Odisea, A Companhia do Chapitô, un dos referentes do teatro portugués, desmonta  a épica viaxe, mesturando xogo teatral con comedia de equívocos, mitoloxía e disparates.

Odiseo foi un xenio da estratexia ou simplemente un espelido con tendencia a meterse en leas?

Interpretación: Jorge Cruz, Pedro Diogo e Pedro da Silva

Vestiario: Glória Mendes

Música e deseño de son: Rui Rebelo

Deseño de iluminación: José C. García

Autoría: Homero

Tradución e adaptación: Companhia do Chapitô

Dirección: José C. García

Creación colectiva: Companhia do Chapitô