Día
Xoves 4 de outubro 2025
Hora
19.30 h
Espazo
Pazo da Cultura
Entrada
Entrada libre
Duración
25 minutos
Día
Xoves 4 de outubro 2025
Hora
19.30 h
Espazo
Pazo da Cultura
Entrada
Entrada libre
Duración
25 minutos
Primeiro encontro cos espectadores, cos socios de Telón e Aparte, co voluntariado do festival e coas institucións e entidades colaboradoras para presentarlles directamente a 34 edición do FIOT.
Visibilizando o lema desta edición, a raíz como forza conformadora da nosa identidade propia e colectiva, a relevancia da memoria e do noso patrimonio como nutrientes esenciais que fundamentan o noso futuro, contaremos cun espectáculo en directo dunha das compañías galegas de danza máis interesantes do momento, Fran Sieira Compañía de Danza.
Na aposta do festival polo apoio e a visibilización do talento local a través da apertura a proxectos participativos, acompañarán á compañía no escenario unha vintena de bailadoras de grupos de entidades culturais de Carballo que asistiron a un obradoiro previo impartido polo coreógrafo.
Sobre o espectáculo
Ceibe é danza contemporánea reflexo do baile e a música tradicional que investiga a relación entre xénero e a nosa tradición. Afonda na presencia do xénero nunha manifestación cultural tan importante como o baile tradicional, tratando de entender que é o xénero para nós como individuos, como colectivo e como sociedade, desde unha perspectiva feminista e en relación coas cuestións LGTBIQ+. Reflexiona sobre as categorías e os estereotipos impostos socialmente, para propoñer novas formas de entender o corpo e o movemento.
Un baile ceibe é a súa adaptación para espazos non convencionais e nela participarán tamén bailadoras de Carballo.
Fran Sieira é un bailador de longa traxectoria no ámbito tradicional e tamén graduado en danza contemporánea. Fundamenta o seu traballo nunha revisión do tradicional desde un marco contemporáneo, creando unha linguaxe de vangarda. A través da creación colectiva, achega proxectos artísticos con vocación social.
Ficha
Intérpretes: Aida Tarrío, Martín Mondragón, Cristina Canosa e Fran Sieira
Vestiario: Érica Oubiña, con colaboración especial de Eferro
Música: MounQup (Camille Hedouin) / Carlos Quinta
Espazo sonoro: Isaac Millán
Espazo escénico: Laura Iturralde
Autoría: Fran Sieira
Dirección: Fran Sieira e Sergio R. Suárez