Queres formar parte activa do FIOT e influír na programación das vindeiras edicións? Agora tes a oportunidade de facelo! A túa opinión conta, e moito, para nós. Por iso, invitámoste a expresar o que pensas sobre os espectáculos que desfrutas durante o festival.

Despois de cada función, poderás puntuar a obra que acabas de ver, valorando diferentes aspectos como a interpretación, a dirección, o guión, ou o impacto emocional que che produciu. Estas puntuacións son fundamentais para nós, xa que non só nos axudan a mellorar, senón que tamén permiten que o público, como ti, participe na creación do FIOT do futuro.

A obra que reciba a mellor puntuación do público será convidado a formar parte dunha futura edición do FIOT cun novo espectáculo.

É a túa oportunidade de ver de novo, e quizais de maneira diferente, as compañías que máis te impactaron.

O gañador do FIOT 2024 foi Casting Lear, de Andrea Jiménez, Barco Pirata e Teatro de la Abadía, cunha puntuación de 4,85 puntos sobre 5. Nesta edición regresa Andrea Jiménez cunha coprodución co Centro Dramático Nacional e Cassadra Projectes Artístics e teremos a oportunidade
de entregarlle este premio o venres 31 de outubro. Tamén volve ao FIOT a compañía Pont Flotant a que lle entregaremos o Premio
do Público 2022 o venres 10 de outubro.

Non deixes pasar a oportunidade de ser parte deste proceso creativo e de facer do FIOT un festival aínda máis próximo aos seus espectadores. Comparte a túa opinión e axúdanos a seguir traendo o mellor teatro a Carballo.

2022. Eclipse total, de Pont Flotant.

2021. Cigarreiras, de Contraproducións, Teatre Romea, Histrión Teatro e Encaro Factory

2019. Jauría, de Kamikaze Producciones

2018. Iphigenia en Vallecas, de Serena Producciones

2017. Incendios, de Ysarca e Teatro de la Abadía

2016. Cervantina, de Ron Lalá e Centro Nacional Dramático

2015. El Testamento de María, de Centro Dramático Nacional, Festival Grec e Avance Producciones Artísticas

2014. Gagfather, de Yllana.

2013. En un lugar del Quijote, de Compañía Nacional de Teatro Clásico e Ron Lalá

2012. Juicio a una zorra, de Kamikaze Producciones e MamáFloriana

2011. Plecs, de Enfila’t (Manolo Alcántara)

2010. Volpone, de Talía Teatro

2009. Seis clases de baile en seis semanas, de Pentación Espectáculos

2008. Brokers, de Yllana

2007. Noite de Reis, de Centro Dramático Galego

2006. El florido pensil, de Tantakka Teatroa

2005. San Francisco, juglar de Dios, de Rafael Álvarez ‘El brujo’.