Día
Sábado 26 de outubro 2024

Hora
12.00, 13.00, 18.00 e 19.00 h

Espazo
Posto do Mercado Municipal

Capacidade
15 persoas

Duración
15 minutos

Idade
A partir de 12 anos

Sobre o espectáculo

Unha acción inspirada no valor do legado familiar intanxible.

Coa lembranza dunha bisavoa, Xenerosa, como fío condutor, a artista fai ao público partícipe dunha historia real de violencia e como as mulleres da súa familia utilizaban panos de vinagre para curar os negróns.

Unha historia tantas veces repetida, na que o patrimonio inmaterial interxeracional se converte no mellor aliado contra a violencia machista e na que se chama a reflexionar sobre a súa importancia.

De seguro a túa familia tamén che deixou un ben inmaterial parecido ao meu. Que tes pensado facer con el?

Ficha

Creación e interpretación: Laura Villaverde