Primeira sesión da Escola do espectador nas ondas 2023, en homenaxe ao Xestal. Nesta conversa, a xornalista coruñesa Marta Otero (La Opinión A Coruña, Revista Luces) conversa co dramaturgo e director Cándido Pazó, o músico e escritor Xurxo Souto e o historiador Xohán Xabier Baldomir Cabanas, todos eles admiradores e estudosos do traballo e do legado artístico e humano do Xestal, co gallo da estrea absoluta no FIOT do espectáculo en torno á figura deste pioneiro da narración oral ‘Apaga o candil’.
Sobre a actividade
Sobre Marta Otero
Graduada en xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), Marta Otero é redactora de La Opinión de A Coruña, integrante do Comité de Redacción da Revista Luzes e colaboradora de Radio Coruña Cadena Ser, ademais de ser coautora de Mar Egeo, el día que ardió el mar.