Día
Xoves 12 de outubro 2023
Hora
19.00 h
Espazo
Local social de Oza
Entrada
5 €
Duración
45 minutos
Idade
Todos os públicos
Sobre o espectáculo
Que pasa cando marcha o público e un pallaso queda só? No camerino, a personaxe comeza a mesturarse coa persoa. Un limbo que non é o escenario nin a vida real. É nesa fronteira onde ten lugar este espectáculo. Pasen e vexan a trastenda deste artista, as súas ideas e tolemias. Vexan como se defende da soidade e a rutina con imaxinación e humor.
Un actor sen público. Un pallaso cando ninguén o observa, desde o outro lado do espello.
Máscaras, monicreques, manipulación de obxectos e, sobre todo, comicidade son as ferramentas que utiliza esta peza para, a través do humor, falar da soidade e das caretas que todos nos poñemos a diario.
O clown galego establecido en Barcelona Roi Borrallas, que ten unha longa traxectoria en actuacións internacionais, leva a cabo unha auténtica festa de expresividade, humor e emocións sen necesidade da palabra. Esta obra que arrisca nunha nova mirada á linguaxe do clown esta converténdose nun dos imprescindibles nos festivais do país, colleitando importantes premios.
”Pasen e vexan o que ninguén ve. Unha persoa ante si mesma.
Ficha
Intérprete e autoría: Roi Borrallas
Vestiario: Piti de More
Deseño de luz e son: Joan Cot
Escenografía: Roi Borrallas e Mina Trap
Acompañamento artístico: Toti Toronell
Dirección: Joan Cot
Coa colaboración da AC O Alprende de Oza