Día
Domingo 22 de outubro 2023

Hora
19.00 h

Espazo
Centro Social de Sofán

Entrada
5 €

Duración
75 minutos

Idade
A partir de 12 anos

Sobre o espectáculo

Iphixenia, unha nini de barrio, pasa os días nun bucle de alcohol e apatía deambulando polas rúas da súa vila. Unha noite coñece a un tío distinto dos demais e comeza a sentir unha sensación estraña, como de non estar soa. A partir de aquí, unha serie de circunstancias alleas levará á protagonista a sufrir unha grande perda.

Se no mito clásico de Eurípides, Iphixenia era sacrificada polo seu pai para contentar ós deuses e proseguir coa guerra de Troia, nesta traxedia dos nosos días a propia protagonista decide sacrificarse e converter o seu sufrimento en xenerosidade cara a sociedade que a marxina.

A versión galega do premiado e exitoso texto do inglés Gary Owen, cuxa adaptación en castelán xa estivo no FIOT e foi recoñecida co Premio do Público, porase en ruta nesta edición cun conmovedor monólogo sobre as consecuencias dos recortes sociais. Con humor e sen filtros, emocionarémonos coa humanidade que se esconde tralas colas na atención primaria. Unha historia de sacrificio, dignidade e esperanza.

Esta versión nace do traballo de final de curso da súa actriz protagonista na Escola de Arte Dramático, coa dirección dunha xove e prometedora directora.

Esta Iphixenia non é unha princesa. Non ten un heroe que se poña da súa parte nin os concidadáns sofren polo seu destino.

Ficha

Intérprete: Alba Caneda
Espazo escénico e iluminación: As Dúas e Punto
Espazo sonoro: Marcos Grandal
Autoría: Gary Owen
Adaptación: Fran Peleteiro e Alba Caneda
Dirección: Sara Rey

Coa colaboración das Asociacións de Veciños San Salvador e de Mulleres Rurais de Sofán