Día
Sábado 24 de outubro 2026
Hora
10.00 a 13.00 h
Espazo
Pazo da Cultura
Capacidade
Participación gratuíta
Día
Sábado 24 de outubro 2026
Hora
10.00 a 13.00 h
Espazo
Pazo da Cultura
Capacidade
Participación gratuíta
Sobre a actividade
Queres participar nunha experiencia teatral profesional e colaborar cunha compañía de referencia na creación do seu espectáculo?
LoitaMADRE é o novo proxecto de ButacaZero. Partindo da loita das nais contra a droga en Galicia, con movementos como Érguete, a compañía analiza as grandes loitas históricas de nais e pon en valor as heroínas cotiás que logran o cambio desde abaixo.
Tras un longo proceso de investigación e escritura no que aínda están inmersos recoñecido cunha prestixiosa Bolsa Leonardo da Fundación BBVA- e partindo de textos da obra escrita por Esther F. Carrodeguas, a formación proponlle a un grupo de nais carballesas explorar xuntas como configurar a montaxe para que as nais de cada localidade, de cada teatro, se incorporen a cada representación a modo de coro teatral, construíndo unha voz colectiva sobre o escenario.
Queremos que esta ambiciosa proposta forme parte da programación do FIOT 2027 e que o público do FIOT poida ir coñecéndoa desde dentro, así como contribuír ao proceso de construción do espectáculo.
ButacaZero é a plataforma creativa da dramaturga e actriz Esther F. Carrodeguas e do director Xavier Castiñeira, que propón o diálogo coa actualidade desde unha mirada crítica e irónica.
Ficha
Con: Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira, de ButacaZero
Inscrición previa: recoméndase en fiot.carballo@gmail.com
Co patrocinio de: Camino Escena Norte
