Día
Xoves 22 de outubro 2026

Hora
20.00 h

Espazo
Pazo da Cultura

Cando se cumpren 10 anos do seu pasamento, amigos e outros músicos próximos a Fran Pérez “NARF” promoven a edición dun libro-CD homenaxe a este importante músico, cantante e compositor galego, recoñecido pola orixinalidade e riqueza da súa obra e a incorporación de múltiples influencias sonoras ao rock. Tivo unha frutífera relación co teatro, compoñendo a música para máis de 30 espectáculos.

Editado por a Central Folque, algúns dos autores desta publicación colectiva son Quico Cadaval, Xelís de Toro, Carlos Santiago, Uxía ou Pepe Sendón, ou Ramón Bermejo.