Este domingo 13 despedimos o FIOT31 coa gala final do XXI Certame de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís, na se anunciaron os grupos gañadores!
Categoría de infantil e primaria:
1º premio: Grupo Tralleir@s medioambientais, do CPI Cabo da Area de Laxe, coa obra ‘Lixum marítimus’.
2º premio: Grupo As conteiras e conteiros, do CEIP Fogar de Carballo, con ‘A vaca que puxo un ovo’.
Categoría de secundaria e bacharelato:
1º premio: Grupo Os viquingos do Pendón, do CPI As Revoltas de Cabana, coa peza ‘Atraco no banco’.
2º premio: Os teatreiros, do IES Alfredo Brañas de Carballo, con ‘A verdadeira historia de Rapuncel’.
Moitos parabéns e moitas grazas a todas e a todos por participar no Certame de Teatro Lido 🙂 Escoitámonos na vindeira edición!