Skip to main content

A cultura é segura. Sabémolo e queremos que así sexa sempre. Por iso poñemos en marcha un protocolo para garantir que goces tanto do teatro coma nós.

  1. O uso da máscara será obrigatorio.
  2. A desinfección de mans tamén será obrigatoria. Se non levas xel no peto, non pasa nada: no Pazo da Cultura atoparás dispensadores de xel hidroalcohólico.
  3. A apertura de portas será 30 minutos antes de cada función e tanto o acceso como a saída ao recinto realizarase de xeito escalonado mantendo a distancia de seguridade. Procura chegar con tempo e lembra seguir en todo momento as indicacións do persoal de sala: están para acompañarnos e facilitar o noso tránsito!
  4. Completamos a limpeza do auditorio e das salas antes de cada espectáculo. As medidas hixiénicas están contempladas tamén no sistema de ventilación, optimizado para esta nova situación.
  5. A ocupación máxima de butacas do auditorio será do 75%. O número de entradas dispoñibles está suxeito ás medidas de prevención sanitarias.
  6. A acomodación do público será en butacas ou cadeiras, a excepción das obras do M2, con entrada limitada ás butacas dispoñibles. Deberás usar o asento asignado e deberás evitar moverte polo recinto.
  7. Nos recintos nos que as butacas non estean numeradas, os asentos estarán distribuídos individualmente e a asignación dos mesmos realizarase por orde de entrada ao espazo.
  8. Nos espectáculos de acceso gratuíto que non requiran inscrición previa, o acceso será por orde de chegada.
  9. Nas funcións do auditorio, poranse á venda entradas individuais ou dobres destinadas a persoas convivintes.
  10. Co fin de posibilitar o seguimento de posibles contactos, as e os asistentes deberán comunicar os seus datos (nome, apelidos, teléfono e correo electrónico) que, en caso preciso, se poderán facilitar ás autoridades sanitarias.
  11. No caso de que pola situación sanitaria se reduza a capacidade de recintos e o FIOT tivese que devolver entradas, a devolución realizarase en orde inversa á compra.
  12. Non se permite o consumo de alimentos, bebidas ou tabaco en ningún recinto.

 

O teatro é seguro, pero que sexa tal sempre é responsabilidade de todos e todas! Goza do FIOT e goza seguro das artes escénicas na butaca!