A proposta moi especial para facer teatro doutro xeito. As voces da rapazada levarán o teatro aos fogares de todos os recunchos de Bergantiños a través das redes socias e as ondas radiofónicas.
Co apoio dos centros escolares de primaria e secundaria de toda a comarca e coa finalidade de promover o teatro entre os máis pequenos e de favorecer a súa iniciación á interpretación a través da lectura dramatizada continuamos con esta proposta que xa vai pola XXIII edición. En consonancia cos novos tempos, participación será mediante un arquivo de vídeo coa gravación da lectura, polo que todos poderemos escoitar e ver as interpretacións dos grupos participantes a través das redes sociais do Festival.
O xurado seleccionará aos grupos que gozarán da experiencia radiofónica nos estudos profesionais de Radio Nordés Cadena Ser, e da dita gravación sairán os finalistas. Gozaremos da súa lectura en directo na emocionante gala final na que o o xurado fallará os premios por un importe de 500 €. E non faltará o peche coa tradicional chocolatada!