Día
Venres 31 de outubro 2025
Hora
21.00 h
Espazo
Pazo da Cultura
Entrada
12 €
Duración
95 minutos
Público
Todos os públicos
Día
Venres 31 de outubro 2025
Hora
21.00 h
Espazo
Pazo da Cultura
Entrada
12 €
Duración
95 minutos
Público
Todos os públicos
Sobre o espectáculo
Vulcano é a historia dunha familia que tenta salvarse dun trauma pasado: o incendio do seu edificio, un suceso con consecuencias tráxicas, que deixa pegadas profundas nos que sobreviviron. A chegada dunha reporteira e o intento de reconstruír o que sucedeu alteran o concepto da verdade e poñen en dúbida a versión orixinal dos feitos.
Cun moito humor e cun formato de thriller e investigación criminal ponse de manifesto como manipulamos a memoria á hora de construír os nosos relatos e de como os precisamos para comprender ou curar, para dar sentido ao que somos. Unhas excelentes interpretacións e unha imaxinativa posta en escena con gran protagonismo da cámara en directo fan da obra un xogo escénico que investiga os cruces entre realidade e ficción e que mestura drama social, tensión e misterio con comedia.
A peza é o resultado do encontro entre as miradas de dúas puxantes figuras da escena contemporánea española, a dramaturga Victoria Szpunberg e a directora Andrea Jiménez, que, na procura dun teatro vivo, realizaron un proxecto de creación colectiva que contou coa coprodución do Centro Dramático Nacional. Na anterior edición do FIOT o público recoñeceu no espectáculo Casting Lear a renovadora linguaxe escénica desta directora, que regresa para pechar o programa.
”Debes estar preparado para arder no teu propio lume. Como poderías renacer sen terte convertido en cinzas?
Nietzsche
Ficha
Interpretación: Pilar Bergés, Iván López Ortega, Albert Ribalta, Eneko Sagardoy e Macarena Sanz
Vestiario: Pier Paolo Alvaro
Espazo Sonoro: Lucas Ariel
Vídeo: Elvira Ruiz
Escenografía: Judit Colomer
Movemento: Natalia Fernandes
Texto: Victoria Szpunberg
Dirección: Andrea Jiménez
Premio Público 2024