Sobre o programa
Desde hai 15 anos, o programa de voluntariado do FIOT reúne unha vintena de persoas solidarias, altruístas e afeccionadas ao teatro, dispostas a dar o mellor de si para que cada edición sexa inesquecible.
Se a ti tamén che apaixona o teatro e queres vivir unha experiencia única, únete ao noso equipo de voluntariado e forma parte dun dos festivais máis icónicos de Galicia.
Chama ao 981 704 300 e descubre como podes colaborar co FIOT.
A túa implicación é clave para que o festival siga crecendo e mellorando cada ano.
Vémonos no FIOT!
”#procuramosousados



