Día
Domingo 11 de outubro 2026

Hora
12.30 h

Espazo
Bértoa, contorna do cemiterio

Duración
80 minutos

Público
Adulto (+12 anos)

Fotografías, cartas, cadernos ou recordos compartidos poden devolverlle o nome a quen a historia quixo borrar. Este conmovedor espectáculo rescata a vida e a morte de persoas asasinadas durante a Guerra Civil e o Franquismo. Os recordos seguen vivos nos seus fillos, veciños ou compañeiros, e son eles quen rompen o silencio para rescatar esas historias silenciadas.

A partir dunha premiada serie radiofónica, seis importantes dramaturgos e catro compañías de referencia na escena española, que xa pasaron polo FIOT, únense para levar á escena este impactante exercicio de teatro documental construído cun caleidoscopio de relatos e monólogos, que compón un profundo mapa emocional sobre un silencio que comeza a romper.

A terra agocha esas palabras caladas, parece que estea muda. Pero se a abres, podes oír.

Interpretación: Mariano Anós, Edu Borja, Carles Montoliu / Paco Gisbert, Rosa Lasierra / María José Moreno, Mateo Rubistein / Pilar San José

Vestiario: Ana Sanagustín, Elena Sánchez Canales e M.ª José Prieto

Autoría: a partir do serial radiofónico Vidas Enterradas de Javier del Pino, Conchi Cejudo e Gervasio Sánchez para a Cadena Ser

Dramaturxia: Mafalda Bellido, Juan Mayorga, Juan José Millás, Alfonso Plou, Laila Ripoll e Pepe Viyuela

Dirección: Mariano Llorente, Carlos Martín, Jesús Peña e Santiago Sánchez