Día
Xoves 31 de outubro 2024

Hora
21.00 h

Espazo
Pazo da Cultura

Entrada
18 €

Duración
105 minutos

Idade
Todos os públicos

Sobre o espectáculo

Un campesiño ruso de finais do século XIX, namorado e profundamente infeliz. Pasou toda a súa vida coidando da finca que herdou e interpretando o papel que os demais decidiron para el ata que un día explota. Escápaselle o tempo. Todos viven nun verán eterno no que o tempo se disolve, inundados de aburrimento, de frustracións, de amor non correspondido.

O director Pablo Remón volve a Tío Vania, unha obra mestra da literatura e do teatro, para falarnos da familia, das relacións e, sobre todo, de desexos insatisfeitos e soños incumpridos. Quen es?, Como elixes vivir a túa vida? É a túa vida unha comedia ou unha traxedia?

Vania (versión 1) forma parte do ambicioso e interesante proxecto Vania x Vania, composto por dúas obras interpretadas polos mesmos actores. Dous camiños diferentes ao mesmo texto de Chéjov, reescritos en estilos completamente distintos polo Premio Nacional de Literatura Dramática 2021 Pablo Remón.

Un escenario baleiro e seis cadeiras. A Versión 1 é un Chéjov espido, esencial. Un achegamento minimalista ao texto e á interpretación, a cargo dun reparto de auténtico luxo, con seis extraordinarios actores encabezados por Javier Cámara, recoñecido coa Medalla ao Mérito nas Belas Artes, ademais de numerosos premios.

Na vida real, a xente non está todo o tempo disparándose, suicidándose ou declarando o seu amor. Non din cousas intelixentes todo o rato. Están ocupados comendo, bebendo, coqueteando e dicindo cousas estúpidas. A xente cea, por exemplo, simplemente cea, e mentres tanto a súa felicidade está en xogo, ou as súas vidas rómpense en pedazos.

Antón Chéjov
Ficha

Intérpretes: Javier Cámara, Juan Codina, Israel Elejalde, Marta Nieto, Manuela Paso e Marina Salas
Vestiario: Ana López
Son: Sandra Vicente
Escenografía: Mónica Boromello
Iluminación: David Picazo
Autoría e dirección: Pablo Remón