Día
Sábado 18 de outubro 2025

Hora
20.00 h

Espazo
Pazo da Cultura

Entrada
12 €

Duración
90 minutos

Público
Adulto

Un home cun traxe branco inmaculado, só no escenario, constrúe unha instalación de vidro mentres nos fala. Observa o mundo con asombro e non comprende por que motivo forma parte del. Recíbenos no seu propio funeral e retrata e relata a vida de tres amigos inseparables e moi diferentes, entre recordos e imaxes, conversas filosóficas, humorísticas e cotiás; no fráxil equilibrio da vida.

Sen decorados nin artificios, só a palabra e a presenza escénica para narrar unha historia de amizade e de amor e de todas esas pequenas cousas que fan que a vida valla a pena. A obra está interpretada polo arxentino Gonzalo Cunill, un dos colaboradores habituais de Lawers, que cun tenro humor acompañaranos a esta poética celebración da vida.

A compañía Needcompany percorreu os escenarios máis prestixiosos do mundo e Jan Lauwers é un dos grandes nomes da escena europea contemporánea. Cunha linguaxe innovadora, o director, dramaturgo, artista visual e fundador desta célebre compañía belga explora as fronteiras entre teatro, danza, artes visuais e escritura, sempre cunha mirada poética e comprometida.

Qué otorga la identidad, ¿el corazón o el cerebro?. Un tema complicado este de la identidad. Christine decía que tenía que ver con el alma.

Interpretación: Gonzalo Cunill

Música: Rombout Willems

Traducción: Micaela van Muylem

Dramaturxia: Elke Janssens

Texto e dirección: Jan Lauwers