Día
Sábado 30 de agosto 2025

Dezaseis bailadoras de Carballo participan nesta proposta formativa do bailador e coreógrafo Fran Sieira que parte das metodoloxías empregadas no proceso de creación do espectáculo co que inauguramos o Outono de Teatro. Indagando no mesmo lema desta edición do festival, a raíz, a actividade explorara os movementos propios do corpo a partir da tradición.

Os participantes integráronse na coreografía do espectáculo formando parte activa da presentación da 34 edición do FIOT, incorporando e visibilizando o talento local ao acto.