Día
Sábado 11 de outubro 2025

Hora
12.00, 13.00, 17.30 e 18.30 h

Espazo
Parque das Camelias (Rúa Camelias)

Capacidade
20 persoas (con interacción directa para aprox. 10)

Duración
15-20 minutos

Público
Todos os públicos

Un mantel bordado, unha cesta, empanada, froita, limoada sen alcol. Un picnic aparentemente inofensivo.

Unha muller, vestida como unha ama de casa dos anos 50, convida ao público a sentarse, a compartir, a mirar. Mais pronto o xesto amable tórnase acción poética: unha peza de cerámica branca, unhas lentes de protección, unha pistola de xoguete e unha descarga de esmaltes de cores sobre o bordado. Disparar como quen pinta. Manchar como quen conta. Cocer o que foi xesto efémero e convertelo nunha instalación permanente.

Unha performance que funde cerámica e bordado, tradición e ruptura, memoria e creación. Cada pase xera unha peza única, resultado do azar controlado e da interacción entre materiais e narrativas femininas.

Un picnic, unha explosión, un ritual.

Creación e interpretación: Silvia Bátega