Día
Venres 3 de outubro 2025

Hora
19.30 h

Espazo
Praza Do Concello (en caso de choiva trasladarase ao 2º andar do Mercado Municipal)

Duración
50 minutos

Público
Todos os públicos

No mundo dos malabares, todo segue un patrón, unha orde, un ciclo perfecto que garante que as bólas non caian, que as mazas tracen o seu camiño no aire e que os diábolos xiren sen fin. Pero, que pasa cando tres malabaristas queren levar a batuta ao mesmo tempo?

Aquí non hai quen mande, só mans que compiten e obxectos que voan por riba das súas cabezas nun aparente caos divertido e fascinante. Tres cómicos que viven a vida como os malabares que controlan, facendo patróns, ciclos que se repiten ata complicarse sen sentido. Entre xogos de poder, equilibrios imposibles e moito humor, descubrirán que a verdadeira maxia non está en quen manda, senón en aprender a xogar xuntos.

Pistacatro é unha compañía e produtora de circo referente en Galicia con vinte anos de traxectoria. Agrupa a numerosos artistas e é pioneira na creación, distribución e profesionalización das artes circenses en e desde Galicia, liderando a promoción do circo contemporáneo. Esta é a súa última obra.

Entre xogos de poder, equilibrios imposibles e moito humor.

Interpretación: Aitor Garuz, Santiago Montero e Pablo Reboleiro

Música: Manuel Fonte

Dirección de movemento escénico: Marta Alonso

Coreografías de malabares, idea orixinal e dirección: Pablo Reboleiro