Dentro das novidades desta 32ª edición, cabe destacar tamén o acordo do FIOT coa corporación RTVE, que este 2023 convértese no medio oficial do festival. Esta colaboración entre o FIOT e RTVE supón a gravación e emisión -con público en directo- de programas de referencia do eido cultural desde Carballo, con contidos especiais sobre o FIOT: ‘La Sala’, de RNE; ‘Culturas 2’, de La 2; e ‘El Ojo Crítico’ ou ‘No es un día cualquiera’, entre outros, darán boa conta do que acontece na cita escénica carballesa.