Día
Domingo 12 de outubro 2025

Hora
9.15 h

Saída
Aparcamento do centro comercial Bergantiños

Prezo
8 / 6 €

Prepárate para a función de Costa da Morte, cartografía dun naufraxio, de Mariña Lestón, cun ilustrativo percorrido pola nosa fermosa costa.

A asociación ambiental carballesa Senda Nova colabora co FIOT coa organización dun dos seus interesantes itinerarios polo litoral carballés, neste caso centrándose na parte máis salientable da ruta Razo-Baldaio para protexer, achegándonos a espazos como a lagoa, o sistema dunar e un dos areais máis extensos de Galicia.

Ao final da experiencia agardaranos Mariña Lestón coa súa obra que combina narración, música e potentes imaxes.

Organiza: Asociación ambiental Senda Nova