Día
Martes 24 de outubro 2023
Hora
11.00 h
Espazo
Pazo da Cultura
Duración
75 minutos
Idade
Todos os públicos
Sobre o espectáculo
Por un lado, a historia real de Rukeli, o boxeador alemán e xitano que desafiou ao propio Hitler na época da Alemaña nazi. E por outro, a de Saúl, un xitano homosexual que, na España rural dos 80, busca a súa identidade e intenta sobrevivir no seo dunha familia tradicional. Dez asaltos para dúas historias unidas ante un mesmo desafío.
Froito dun longo proceso de investigación e dramaturxia, Al Aedo pon en escena este laureado espectáculo, enfocado ao público mozo e adulto, que reflexiona sobre o racismo, a homofobia, a violencia e a masculinidade nun contexto que rexeita aos homes pola súa raza, cultura ou orientación sexual.
Ademais, poderedes xogar co vídeo xogo que complementa o espectáculo, dispoñible en www.puñosdeharinavideojuego.com.
A función será no Pazo da Cultura e ao seu remate haberá un encontro coa compañía.
”Que significa ser “como un home de verdade”?
Ficha
Intérprete: Jesús Torres
Vestiario: Mario López Pinilla
Escenografía: Jesús Díaz Cortés e Jesús Torres
Espacio sonoro: Alberto Granados
Iluminación: Jesús Díaz Cortés
Videoescena: Elvira Zurita
Coreografía: Mercé Grané
Autoría e dirección: Jesús Torres