Día
Sábado 10 de outubro
Hora
11.00 a 14.00 e de 18.00 – 20.00 h
Espazo
Biblioteca Rego da Balsa
Entrada
Gratuíta
1 espectador por función (reserva previa en fiot.microteatro@gmail.com)
Duración
12 minutos
Idade
Público adulto
Sobre o espectáculo
Nestes tempos en que as distancias se fan visibles, medibles, tanxibles e se reforzan as pantallas, semella necesario desenvolver de novo a capacidade de escoita, por riba do bombardeo de imaxes, do ruído, desa presión incesante por ver e facer, que nos impide parar. E devolver a importancia é a palabra, a cada palabra. Para iso, é preciso deterse. Xerar un espazo onde parar e encontrarnos e escoitarnos.
Ficha
Autora e intérprete: Ana Abad de Larriva