Día
Venres 11 de outubro 2024

Hora
23.00 h

Espazo
Mercado Municipal

Entrada
8 €

Duración
70 minutos

Idade
Público adulto

Sobre o espectáculo

Os boleros son a enciclopedia do amor”. Se de amor falamos, o que non está nos boleros non existe. Por iso transcenderon ao paso dos anos e das culturas. Se tivésemos que poñerlle música ao paraíso de Adán e Eva, posiblemente soarían algúns dos boleros que escoitaremos neste espectáculo e que son unha interpretación dos textos de Mark Twain, un dos grandes escritores do noso tempo que, co seu enxeño e encantos habituais, presenta a historia do Xardín do Edén, cun Adán criatura de costumes e unha Eva exploradora. Un anaco de xardín e o aroma da primeira relación.

A compañía Paraíso Teatro proponnos un divertido paseo musical da voz de Eva e Adán, interpretados por Inés Salvado e Sergio Piñeiro, coa música en directo de Xoán Porto e Carlos Abraira e baixo a atenta mirada  de Roberto Leal.

Tentados por unha serpe, catro artistas de recoñecido prestixio e talento no eido escénico xúntanse  neste  proxecto no que liberar a súa excelsa creatividade, combinando as dúas artes que dominan de xeito maxistral, a interpretación e a música. Todo isto é o que se di. Pero o certo é que alí onde estean eles, está o Paraíso. Quedades convidados/as a gozar del.

Ficha

Intérpretes: Inés Salvado e Sergio Piñeiro
Música: Xoán Porto e Carlos Abraira
Autoría: Mark Twain
Dirección: Roberto Leal