Día
Domingo 11 de outubro 2026

Hora
22.30 h

Espazo
A Reserva

Público
Adulto

Nada está escrito. Ou, mellor dito, todo está por escribir. As palabras e ideas escritas polo público nunha tarxeta son a orixe de historias que nacen e medran sobre o escenario sen guión nin rede de seguridade. O público forma parte do xogo e cada función é irrepetible.

Gargalladas garantidas nun show de comedia improvisada onde a única certeza é que todo pode pasar. Con ritmo frenético, humor e unha enorme capacidade para sorprender, estes improvisadores mentalmente inestables constrúen en directo unha sucesión de escenas tan inesperadas como divertidas.

Intérpretes e creación: Fábrica de Impro