Día
Domingo 13 de outubro 2024

Hora
18.30 h

Espazo
Centro Social de Cances

Entrada
5 €

Duración
55 minutos

Idade
Todos os públicos

Sobre o espectáculo

Con motivo do baile de petición de man da súa prometida, o rei encarga ao compositor da corte unha peza orixinal. Esta petición desencadea unha serie de escenas cómicas entre o creador e os seus tres músicos de cámara, nas que teñen cabida todo tipo de gags, rutinas cómicas e musicais, bailes e ata xogos malabares.

Molto Barroco mergúllanos na corte real europea do século XVIII, onde a compañía Píscore Teatro mostra o seu dominio da comedia física e a súa destreza musical, ofrecendo unha posta en escena dinámica e visualmente atractiva, cuns personaxes que levarán ao público por un percorrido cheo de sorpresas e risas, acompañados de moita música en vivo.

Paseo esmendrellante pola excelencia da música barroca.

Ficha

Intérpretes: Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez e Pablo Cabanelas
Dirección: Fran Rei
Coa colaboración de: AC San Campio de Cances