Día
Venres 4 de outubro 2024

Hora
19.30 h

Espazo
Praza do Concello (en caso de choiva, trasladarase ao 2º andar do Mercado Municipal)

Entrada
Entrada gratuíta

Duración
40 minutos

Idade
Todos os públicos

Sobre o espectáculo

Ismael, un mozo que embarca nunha baleeira para enfrontarse a perigosas aventuras, atoparase cunha balea, un enorme cachalote de tres metros.

Moby Dick é unha adaptación libre e esteticamente espectacular da obra clásica de Herman Melville. Montado sobre un triciclo autónomo, a figura deste animal mariño moverá o seu corpo, abrirá e pechará os ollos, e incluso expulsará auga, creando un xogo dinámico e interactivo co público.

Pedras de Cartón presenta o seu novo espectáculo de rúa, sen apenas palabras, onde a comedia e unha posta en escena impresionante capturan a esencia dunha historia que atrapa a toda a familia.

A compañía é recoñecida pola adaptación de clásicos da literatura ás novas linguaxes e estéticas, para achegar o teatro clásico aos máis novos, polo que obtiveron a Mención Especial no Festival de Almagro e varios nomeamentos aos Premios María Casares.

Un espectáculo case sen palabras.

Ficha

Intérprete: Juan Rodríguez
Vestiario: Diego Valeiras
Escenografía: Iker Pérez
Dramaturxia e dirección: Juan Rodríguez