Día
Venres 17 de outubro 2025
Hora
21.00 h
Espazo
Pazo da Cultura
Entrada
12 €
Duración
100 minutos
Público
Todos os públicos (+ de 12 anos)
Día
Venres 17 de outubro 2025
Hora
21.00 h
Espazo
Pazo da Cultura
Entrada
12 €
Duración
100 minutos
Público
Todos os públicos (+ de 12 anos)
Sobre o espectáculo
O duque Vincentio de Viena, preocupado pola decadencia moral do seu pobo, deixa no poder ao intachable Angelo. Mais, en segredo, disfrazarase de frade para observar o que acontece. Angelo aplica inflexiblemente a lei e condena a morte a Claudio por deixar embarazada á súa prometida. O duque, desde a sombra, intervirá nunha trama chea de tensións éticas, políticas e sexuais, ata chegar a un final inesperado.
Dez anos despois da súa anterior visita ao FIOT, o prestixioso arxentino mestre de actores Gabriel Chamé Buendia volve a reinventar a Shakespeare desde o humor físico e unha linguaxe escénica lúdica que recorda a mellor tradición xograresa.
A obra cuestiona as estruturas morais que nos gobernan e revela as tensións entre o poder e a responsabilidade, situando a figura feminina no centro dun conflito inquedante e actual: o abuso de poder político e sexual. Chamé propón unha reflexión sobre un presente infantil e vixente que culpabiliza sempre ao outro e sobre os lazos íntimos ente a nobreza e a baixeza do ser humano.
”Non xulgues, se non queres ser xulgado, porque co xuízo que xulgas, xulgarante, e coa medida que mides, medirante.
Ficha
Interpretación: Matías Bassi, Nicolás Gentile, Agustín Soler, Elvira Gómez, Marilyn Petito
Vestiario: Cecilia Allassia
Iluminación e escenografía: Jorge Pastorino
Deseño sonoro: Sebastián Furman e Gabriel Chamé Buendia
Autoría: Willian Shakespeare
Tradución, adaptación e dirección: Gabriel Chamé Buendia