Día
Sábado 11 de outubro 2025

Hora
20.00 h

Espazo
Pazo da Cultura

Entrada
10 €

Duración
65 minutos

Público
Todos os públicos (+ de 6 anos)

Jordi medra nunha pequena vila, rodeado de paxaros, de flores de camomila e de tres mulleres: a nai, a tía e a avoa. Tres xeracións que exercen de nais. A vida convértese nunha auténtica loita de súper heroes e súper heroínas e os desafíos máis duros en aventuras que formarán parte da súa vida.

Actores, máscaras e bonecos crean un mundo máxico para contar unha fermosa historia sobre a maternidade e a infancia, a vida e a perda, a enfermidade e a morte desde a ollada tenra dun neno que intenta comprender. Un relato de aventuras e emocións e, sobre todo, do amor que lle deixaron como legado as súas vivencias.

O encontro interxeracional é o obxectivo de Cía Campi, que se vale de recursos visuais, da diversión e da emoción para chegar de maneira universal a adultos e maiores, na procura do neno que todos levamos dentro. Levaron o seu traballo a máis dunha ducia de países de Europa, América e Asia.

Ao inicio da función celebrarase o acto de entrega do Xograresa de Outono 2025 a Areta Bolado.

Unha historia de amor, superación e zapatillas voadoras.

Interpretación: Cristina García, Aitana Giralt, Erik Varea e Jordi Pedrós

Visión externa: Iñaki Rikarte

Escenografía, máscaras e monicreques: Plancton Escena

Música: Manuel Dabove

Iluminación: Marc Espinosa

Vestiario: Rosa Solé

Dramaturxia: Creación colectiva de Jordi Pedrós, Cristina Garcia, Aitana Giralt, Erik Varea e Marc Espinosa

Dirección: Rosa Díaz