Día
Domingo 26 de outubro 2025

Hora
20.00 h

Espazo
Pazo da Cultura (Auditorio)

Entrada
5 €

Duración
60 minutos

Público
Todos os públicos (+ de 8 anos)

Unha sala de espera. Un forno a 200 graos. Unha máquina de escribir. O son duns zapatos de tacón. Un cordón umbilical. 250 g de fariña de trigo. Un trapecio envellecido. Dous cabelos trenzados. Unha mesa, un vaso, unha rosa. Un mundo ideal.

Ninguén sabe que pasa coas princesas cando remata o conto. Seguramente sorprenderiámonos ao ler todas as segundas partes que non foron escritas… porque pode que non pasemos a vida comendo perdices.

Este espectáculo de circo contemporáneo, amasado con paciencia, con técnicas aéreas, teatro físico e texto, explora  o destino humano: nacer, reproducirse (ou non) e envellecer ata morrer. Unha reflexión poética sobre a maternidade e a caducidade do corpo, sobre a vida, sobre as historias que continúan e aquilo que permanece oculto despois do final do conto, contada desde unha das raíces da nosa identidade como carballeses, o pan.

CAÍ concibe o circo como linguaxe de comunicación e expresión, levando á escena materiais persoais. Creada en 2015, participa en proxectos para dar sororidade á muller nas artes escénicas.

A vida é como o pan: a medida que pasa o tempo faise máis dura, pero canto menos che queda máis a aprecias.

Indro Montanelli

Intérpretes: Sabrina Catalán e Elia Pérez

Audiovisual: Nico Nale

Deseño de iluminación: Mateo Martínez

Composición musical: Mateo Martínez

Escenografía: Pau Seguí

Acompañamento artístico: Cata Aguayo

Idea orixinal: Cía CAÍ

Dramaturxia: Cía CAÍ e Raúl García

Dirección: Raúl García