Día
Venres 11 de outubro 2024

Hora
19.30 h

Espazo
Praza do Concello (en caso de choiva, trasladarase ao 2º andar do Mercado Municipal)

Entrada
Entrada gratuíta

Duración
55 minutos

Idade
Todos os públicos

Sobre o espectáculo

Os nosos dous diaños favoritos volven á carga! Con máis tolemias, máis rock and roll, máis aparellos estraños e unha boa dose de humor suben de novo ao planeta Terra para buscar almas.

Mal de tolos (consolo de moitos) é a última creación da compañía galega Cirkompacto, unha peza na que se mesturan clown, danza e acrobacia con humor físico, e que promete diversión e reflexión sobre a realidade de xeito ameno e divertido.

Tolemias e rock and roll.

Ficha

Intérpretes: Iván Casanova e Malala Ricoy
Vestiario: Santos Salgado, Duvraska
Deseño de son e iluminación: Nacho Martín
Coreografía: Walter Velázquez
Escenografía: Iván Casanova
Autoría: Cirkompacto e Walter Velázquez
Dirección: Walter Velázquez