Día
Xoves 30 de outubro 2025
Espazo
Pazo da Cultura
Inscrición
Acceso libre
Día
Xoves 30 de outubro 2025
Espazo
Pazo da Cultura
Inscrición
Acceso libre
Sobre a actividade
Con motivo do 120 aniversario do nacemento do dramaturgo carballés Cándido Alfonso González Tiradas (Carballo, 1905 – Bos Aires, 1966), a Aula de Teatro de Carballo presenta unha lectura dramatizada de Mal de Ollo. Comedia de ambete mariñeiro, unha divertida peza que mestura o humor popular co mundo máxico galego.
O carballés, foi un dramaturgo e activista cultural que desenvolveu en Arxentina un importante labor a prol da emigración galega. A obra, premiada no Certame Castelao e publicada en Bos Aires en 1954, está considerada un folk-drama no que conviven música, tradición e simbolismo. Os diálogos vivos, o ambiente mariñeiro e a presenza do mítico fan desta peza unha mostra singular do noso teatro.
Con esta lectura dramatizada, a Aula de Teatro recupera para o público unha obra esencial da memoria cultural galega.