Día
Domingo 27 de outubro 2024

Hora
20.00 h

Espazo
Pazo da Cultura

Entrada
12 €

Duración
75 minutos

Idade
Público adulto

Sobre o espectáculo

Dionisio baixa á Terra en forma de muller para enfrontarse ao Suasenaguer, un policía que está empeñado en pechar un bingo ilegal de barrio, onde se reúne cada tarde un grupo de mulleres non só para xogar, senón tamén para compartir as súas intimidades, as súas penas, as súas alegrías, e algunha que outra copiña de anís. O seu compañeiro de traballo tentará disuadilo das súas intencións, mostrándolle que na vida ás veces hai que ser máis flexible e permisivo.

Nesta versión moi libre e salvaxe de Las Bacantes abórdase a eterna loita entre a rixidez das normas e o pracer e a diversión. Con humor desenfreado, coplas, cancións, ritmo trepidante… xogan coa traxedia superpoñendo á vida cotián a dimensión mitolóxica, convertendo o espectáculo nunha festa.

Con esta última obra da exitosa compañía Las niñas de Cádiz, que colleita aplausos por toda España, a compañía reafirma o seu compromiso coa risa como ferramenta para abordar temas universais e coa fusión entre a tradición culta literaria e a cultura popular, o folclore, o flamenco e o carnaval da súa terra.

Me lo mataron todo menos el alma.

José Troncoso
Ficha

Intérpretes: Ana López Segovia, Alejandra López, Teresa Quintero/Mer Lozano, Rocío Segovia, José Troncoso/Jose Carlos Fernández e Fernando Cueto
Vestiario: Miguel Ángel Millán
Espazo sonoro: Mariano Marín
Iluminación: Agustín Maza
Autoría: Ana López Segovia
Dirección: José Troncoso