Día
Venres 4 de outubro 2024

Hora
22.30 h

Espazo
Café Colón

Entrada
4 €

Idade
Público adulto

Sobre o espectáculo

Retratos debuxados con humor e retranca onde a bondade e a mesquindade, o éxito e o fracaso, o real e o imaxinado conviven en perfecta desharmonía.

Esta escolma de historias que falan de nós, os humanos imperfectos que somos, está inspirada nos relatos de Instrucións para tomar café de Manuel Núñez Singala.

O contador de historias Carlos Rebolo  que leva anos arrincando sorrisos e reflexionando desde o escenario, estrea na nosa Rúa dos Contos o seu novo espectáculo, disposto a facernos rir de nós mesmos e reflexionar sobre a vida ou, polo menos, sobre como tomar café.