Día
Mércores 15 de outubro 2025

Hora
20.00 h

Espazo
Pazo da Cultura

O grupo Chévere convídanos a abrir unha conversa arredor do cadro de Castelao A derradeira leición do mestre, fonte dun novo proxecto escénico co que explorar a construción das narrativas da memoria. Como recordamos? Que decidimos lembrar e que decidimos esquecer?

Unha reprodución do cadro estará no Pazo da Cultura entre o 1 e o 15 de outubro xunto a un cuestionario que a compañía nos anima a responder para participar do proceso de investigación desta nova creación dunha compañía esencial no tecido teatral galego, recoñecida no Premio Nacional de Teatro en 2014.

O mércores 15 de outubro ás 20.00h temos oportunidade de charlar con XRon, director e dramaturgo da obra, sobre este proceso de creación.