Día
Mércores 25 outubro 2023

Hora
20.00 h.

Espazo
Pazo da Cultura

Entrada
Libre ata completar aforo

Idade
Todos os públicos

Sobre a actividade

Proxección do documental de Teresa Turiera-Puigbò englobado dentro do proxecto multidisciplinar, realizado en paralelo á obra teatral que poderemos ver o 29 de outubro.

A cámara recolle a testemuña das mulleres vítimas de violacións, os fillos xurdidos destas e de criminais de guerra. Ocorreu no corazón de Europa hai case tres décadas. Rematou a guerra para os superviventes?

Un traballo de investigación que busca o diálogo e a reflexión como ferramenta de transformación social. Recibiu numerosos premios entre eles o Premio ao Mellor Documental sobre Dereitos Humanos no Montreal Independent Film Festival.

Ao finalizar haberá un coloquio mediante videoconferencia co equipo de Cultura i Conflicte.