Día
Sábado 25 de outubro 2025

Hora
12.00, 13.00, 17.30 e 18.30 h

Espazo
Terraza Pazo da Cultura

Capacidade
15 persoas

Duración
20 minutos

Público
Todos os públicos

Un bar calquera. Unha camareira que recolle os restos do día. Un brinde inesperado. E de súpeto, todo se transforma.
O público asistente mergullarase nun universo onde o cotián elévase, o doméstico vira mitolóxico e os obxectos cobran vida para abrirnos as portas dun paraíso tan irónico como poético.

“Gracias por su visita” mestura o teatro de obxectos co teatriño tradicional de monicreques nun espazo escénico no que tamén é personaxe: o Café-Bar Paraíso.

Unha creación íntima e artesanal onde estropallos, copas e ananás convértense en criaturas místicas, e a camareira devén en deusa, xogando co límite entre o real e o soñado, o meme e o mito, o esquecemento e a memoria.
Unha peza que pon en valor o teatro de obxectos e re-inventa o relato universal desde a desmitificación dos elementos. na que a decadencia lle dá a man ao divino.

Café-Bar Paraíso, onde a decadencia vai da man do divino.

Interpretación: Uxía Algarra