Día
Domingo 19 de outubro 2025
Hora
20.00 h
Espazo
Pazo da Cultura
Entrada
15 €
Duración
75 minutos
Público
Todos os públicos (+ de 6 anos)
Día
Domingo 19 de outubro 2025
Hora
20.00 h
Espazo
Pazo da Cultura
Entrada
15 €
Duración
75 minutos
Público
Todos os públicos (+ de 6 anos)
Sobre o espectáculo
Festa, celebración, cultura e comunidade encóntranse durante o tempo de carnaval de 1568 ou de 1668 ou de 2025. Durante o entroido todo é posible: as normas cambian e o mundo réxese por paradoxos. Un grupo de cómicos esperan a ansiada visita do rei Felipe. Entre danzas, versos, cantos, xogos e celebracións, abren a porta á festa, á música, á maxia, á acrobacia e á comedia. A modo de cabaré barroco, viaxaremos con eles por un Século de Ouro que tende pontes coa actualidade
O espectáculo reivindica a celebración, a cultura e a comunidade fronte á hiperactividade e á velocidade dos tempos. A súa importancia para desenvolver a imaxinación, nutrirse do noso patrimonio cultural, e, sobre todo para emocionarse e rirse.
Unámonos á Farra e gozemos públicos de todas as idades co espíritu de experimentación e co risco da compañía do artista multidisciplinar Lucas Escobedo, que se aliou coa Compañía Nacional de Teatro Clásico para fundir os seus sinais de identidade, o circo, o teatro, a música en directo e o humor, co verso e coa tradición barroca. Ademais de colleitar éxitos nos escenarios de toda España o traballo foi recoñecido co Max ao Mellor Espectáculo Musical 2025.
”Lucas Escobedo anímanos a completar a experiencia como público escribindo os noso propios versos:
------------------------------
----------------------------ar.
Por eso he venido a Farra
Y esto quiero celebrar.
Ficha
Interpretación: Raquel Molano, Lucas Escobedo, Alfonso Rodríguez, Paula
Lloret, Irene Coloma Priego e Jesús Irimia (Xuspi)
Asesoría de movemento: Mar Navarro
Vestiario: Ana Llena e Soledad Seseña
Escenografía: Xavier Erra
Deseño son: Óscar Guzmán
Deseño iluminación: Manolo Ramírez
Dirección e composición musical: Raquel Molano
Dramaturxia: María Díaz y Lucas Escobedo
Dirección: Lucas Escobedo
Premio Max ao Mellor Espectáculo Musical 2025