Datas
Do 1 outubro ao 14 novembro 2022

Lugar
Andar 0 do Pazo da Cultura

Horario
Durante a apertura do Pazo da Cultura

Sobre a actividade

O Zoom FIOT é un proxecto fotográfico sobre o FIOT que se realiza desde hai 7 anos, no que varios fotógrafos convidados realizan, nesa edición, unha reportaxe durante un día achegando o obxectivo fotográfico ao Festival tratando de captar a actividade que permanece oculta ao público (montaxe, ensaios, maquillaxe, vestiario…). Co traballo de cada ano realízase unha exposición que formará parte da seguinte edición.

Este ano no Pazo da Cultura poderemos ver a exposición ZOOM FIOT 2021, unha escolma de imaxes que se reflizaron nalgún dos espectáculos da pasada edición e na que seis fotógrafos tomaron instantáneas da cara oculta do Festival. Os fotógrafos participantes nesta mostra son: Esther Chamoso, Fernando Nieto, José Antonio Andrade, José Luis Castro, María Barca e Melina Regueira.